Concurso de fotografía dixital
As Bibliotecas Municipais da Coruña convocan a terceira edición do seu concurso de fotografía dixital "Enséñanos lo que lees" baixo o lema Leer en la ciudad.Este ano 2009 as fotografías que solicitamos deben reflectir manifestacións de lectura, espazos lectores tradicionais ou novidosos e distintas formas de lectura nunha cidade actual. Gustaríanos coñecer gráfica e artisticamente onde, quen e, sobre todo, como se le nun ámbito urbano: traballo, autobús, comendo, esperando unha cita, e un longo etcétera.
Preprara xa a túa fotografía, envíaa dende a WEB do CONCURSO a partir do 17 de marzo e ata o 16 de abril. Poderás gañar unha cámara reflex dixital ou un reprodutor mp4.
As fotografías poden ser espontáneas ou preparadas, de estudio ou exteriores, cor ou branco e negro; o importante é a orixinalidade e a imaxinación do fotográfo e da escena representada.
http://www.coruna.es/librosenfotos














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.