21/02/09

Resumo de prensa..

Aproveitamos para rescatar algunhas novas que saíron durante o peche deste blog:

A Coruña iniciará esta mesma semana un plan de obras nunca visto. Nun prazo de nove meses faranse un centenar de proxectos, executaranse os investimentos de tres anos nun e haberá cortes de circulación (parciais ou totais) nunhas 44 rúas, case todas no centro. 20Minutos.

As reservas para o futuro ´parking´ da Sagrada superan o número de prazas. A promotora estuda ampliar o aparcamento e construír unha terceira planta. O prezo medio de cada estacionamento roldará os 14.500 euros e serán en concesión a 50 anos. La Opinión.

Os veciños aceptan o proxecto para reformar Francisco Catoira. O Concello modificou o seu plan para pechar ao tráfico a zona polas queixas de residentes e comerciantes. A vía será "semipeonil". La Opinión.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO