Nova batalla contra a dobre fila
Nova batalla contra os aparcamentos en dobre fila nas rúas da Coruña. Anúnciana, por enésima vez, os responsables do Concello noutro intento por erradicar unha das infraccións máis habituais por parte dos automobilistas. Dende o goberno municipal indican que a Policía Local coruñesa «iniciou un dispositivo especial en contra da dobre fila na cidade, co obxectivo de evitar esta práctica, sobre todo, nas zonas nas que se detectou un maior número de vehículos mal estacionados».Especifican así mesmo que o operativo estará formado por un total de cinco axentes (un mando, unha patrulla en coche e unha patrulla en moto) e unha grúa «que se dirixirán cada día a unha determinada zona ou tramo con dobre fila asidua e moi frecuentemente para proceder a advertir aos condutores ou sancionar aqueles que incumpran as normas de tráfico».
Artigo completo no xornal La Voz de Galicia.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.