En marzo ábrese o prazo para abonar o imposto de vehículos, sube un 3%
O xornal, El Ideal Gallego, comenta: "Este ano experimentará unha suba de en torno ao 3%, é dicir, sete décimas máis que o incremento do 2,3% que se aplicou en 2008 con respecto a 2007".O Concello da Coruña abrirá do 1 de marzo ao 30 de abril o prazo para abonar o Imposto Municipal de Tracción de Vehículos de 2009.
Os propietarios poderán pagar os seus recibos nas dependencias da Concellaría de Facenda, na rúa da Franxa, en horario de 8 a 14 horas.
Tamén poderán facelo a través da web www.coruna.es e nas entidades bancarias colaboradoras.
coruna.es
Cae a cifra de coches na Coruña tras dez anos de continua suba. A suba imparable do parque de automóbiles da Coruña na última década, a un ritmo duns 1.000 novos turismos cada ano, pegou unha freada. A crise trastornou os datos e en 2009, por primeira vez, o número de turismos matriculados na cidade experimentou unha baixada, pasando dos 107.672 coches do 2008 aos 106.858 actuais, 814 menos en ano.
Artigo completo en 20Minutos.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.