19/02/09

¿Demostración de como o noso sistema electoral pode ser manipulado?

A través de Im-Pulso atopamos o documental "Quilombo Electoral" nun blog que entre outras cousas di:
A miña primeira intenciòn era demostrar como o noso sistema electoral propiciaba o engano...agora confòrmome con mostrar. Sinceiramente este traballo non valeu de nada... ningùn partido polìtico (a pesares das sùas promesas) nin ningùn medio (a pesares dos seus esforzos) consideraron oportuno a sùa divulgaciòn ou emisiòn. Na miña inxenuidade non puiden discernir que tanto partidos como medios, sen ser a mesma causa teñen moito en comùn. Sei que me vou a meter en lìos pero tanto me ten...dentro de pouco meses teremos nova cita electoral en Galicia e o sistema està podre. A ninguèn lle interesa cambialo. Eu prefiro os lìos que a podredumbre..
Trátase dun documental que a través de entrevistas, cámara oculta e outras reportaxes, amósanos como funciona o sistema co que votan os emigrantes. Según o autor, son varios os medios de comunicación que posúen este material dende fai tempo, pero non o emitiron. Entre outras cousas, pode verse como unha mesma persoa vai entregar 6 votos e como tamén se recolle o voto dunha persoa falecida. O mellor é que cada un de vos o vexa e logo opine. O documental está sacado do blog "Un Contador de Historias".


6 Comentarios:

Ventorrillo dijo...

Moi bon post!. Bo traballo.

Ventorrillo dijo...

Unha dúbida. Estou vendo o teu contador e ¿tes 154 visitas on line?
Manda c...o. Tes que pasárnolo truco.
Aburiño

Blog Barrio dos Mallos dijo...

Iso parece... están chegando moitas visitas dende meneame.net ...supoño que dentro dunhas horas todo volverá normalidade. Saúdoss.

Kitty dijo...

Moi bo o post. Sempre falamos do voto emigrante pero un pouco sen saber. Convencida quedo que hai que votar en urna, igual ca nós.

saúdos

Blog Barrio dos Mallos dijo...

Efectivamente, gracias a este documental, moitos coñecemos un pouco máis sobre o lado oscuro do voto emigrante, a ver se nun tempo non moi lonxano alguén arranxa semellante desfeita.

Saúdoss.

Anónimo dijo...

Tendes unha recente entrevita a Carlos Taboada, o autor deste documental, nunha páxina galega chamada Cabozo (www.cabozo.com)

Para vela teredes que rexistrarvos, máis é moi doado, só piden un nome de usuario e unha conta de correo.

A páxina ten un funcionamento un pouco distinto ao habitual. Unha vez rexistrados veredes á dereita os grupos dos que vos fan membros automaticamente. Se picades sobre o círculo branco, a esquerda dos nomes dos grupos, entrades o contido dese grupo.

Para ir ao grupo onde está aloxada a entrevista teredes que ir a opción "únete a grupos de cabozo" e picar sobre o grupo "AchegasCabozo" así os unides ao grupo e poderedes ver o seu contido que é a entrevista. Eu perdinme un pouco o principio.

Decateime da entrevista por "Vieiros" , recoméndovola, non ten desperdicio.

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO