23/02/09

Carril e beirarrúa cortados por traballos de canalización

Dende o venres 20 de febreiro, e por un período aprox. de 2 semanas, córtase ao tráfico o carril dereito da Rolda de Outeiro, esquina Avda. de Arteixo, en sentido de baixada, por traballos de canalización e servizos na zona da nova urbanización de Vioño.

Motivado por estes mesmos traballos, córtanse ao tránsito de peóns os pasos que conflúen na citada esquina de Vioño, polo que deberán de camiñar polas beirarrúas contrarias á zona de obras.

Mentres duren as obras, e de forma puntual, as zonas de corte poderían ser ampliadas se así o necesitasen os traballos. Debido a este corte preveense retencións durante as horas punta nesta intersección, polo que se recomenda aos condutores utilizar como vial alternativo a Rolda de Nelle.

coruna.es

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO