26/02/09

Apróbase o proxecto de renovación de beirarrúas da rúa Tornos

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de pavimentación e beirarrúas na rúa Tornos, cun presuposto de 488.652,99 euros e un prazo de execución de tres meses. Os traballos nesta rúa, que da á avenida de Finisterre, contempla tamén a renovación de canalizacións e servizos públicos, como recollida de pluviais e outras instalacións. A beirarrúa será de baldosa hidráulica ornamental, cunha superficie total de 1.520 metros cadrados, e outros 2.005 metros cadrados de pavimento de formigón na calzada.

Neste Blog xa mostraramos queixas de veciños polo mal estado desta rúa.

+Info en Coruna.es

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO