30/01/09

Unha de política electoral

É incrible o do voto exterior. O PP despois de tantos anos no poder acórdase agora de pedir garantías para o voto dos emigrantes. O PSOE recorre a decisión da Xunta Electoral de incluír documento identificativo aos votantes do exterior, dicindo que se vulnera o dereito a votar dos emigrantes; ¿vulnera o dereito? ¿dereito a non identificarse? Teño unha pregunta: ¿a min déixanme votar se non presento o DNI? Non, pois iso. Aínda así, esta medida non valerá para moito, xa que polo que se ve, algúns andan a recopilar fotocopias de pasaportes polo estranxeiro e outros animan a votar nulo (segundo a Xunta Electoral, o voto que non leve documento identificativo non valerá). ¿Para cando voto en urna?

O PP presenta como núcleo da súa campaña (polo menos na Coruña) a austeridade e o respecto co medio ambiente por non pegar ningún cartel electoral nas paredes. Isto é algo chocante, chamativo e con ganas de dicir algo para que pareza unha cousa e despois facer outra, un pouco de manipulación informativa. O caso é que a maior parte de carteis electorais que hai colgados na cidade, xa sexan vallas publicitarias (estas foron cambiando dende hai meses) como carteis colgados das farolas, son deste grupo político. Un partido que ben utilizando nos últimos anos a mesma estratexia que utilizaban na oposición os partidos que agora forman o actual bipartito na Xunta, calquera cousa, por moi seria que sexa, vale para sacar beneficios electorais.

¿Para que ten o BNG o seu espazo web na Comarca? Pois para períodos electorais. Publicou máis artigos durante as últimas semanas que en todo o ano pasado, polo que se ve só interesan as novas tecnoloxías en determinados momentos. E respecto á visita de Anxo Quintana ao Centro Municipal de Emprego, non sabía eu que se podían dar mitines en centros institucionais, así como así. ¿Por que os gobernantes se encargan sempre de mesturar o seu cargo institucional co seu partido? É coma se o Alcalde dese un mitin político coas siglas do seu partido no salón de plenos do Concello. Entón, ¿por que se lle prohibiu o uso dos centros cívicos municipais á oposición para reunirse coas asociacións de veciños?

E para rematar, dicir que xa se saben cantos serán os partidos que se presentarán ás eleccións ao Parlamento de Galicia. Según 20Minutos, serán os coruñeses os que se atopen con máis opcións á hora de enfrontarse ás urnas, xa que poderán elixir entre 15 formacións. Haberá 14 candidaturas en Pontevedra e Ourense e 13 en Lugo.

Son o PSdeG, PPdeG, BNG, Esquerda Unida, Nós-Unidade Popular, Frente Popular Galega, Partido Humanista, Falange Española, Partido Social y Democrático de Derecho y Democracia Ourensana, Unión Progreso y Democracia (UPyD), Por un Mundo más Justo, Terra Galega, +Galicia, Unión Centrista Liberal (Só na Coruña e Ourense), Os Verdes (Só na Coruña e Pontevedra), Galicia Unida (Só en Lugo e Ourense), Solidaridad y Autogestión Internacionalista (SAIn, Só na Coruña) e Asamblea de Votación Electrónica (Só na Coruña).

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO