Saen máis proxectos a concurso do plan FEIL
O Concello da Coruña puxo en marcha o proceso de contratación de catro proxectos máis que executaranse con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) impulsado polo Goberno de España. Estes catro novos proxectos suporán un investimento de 2.575.363 euros e a creación de 61 postos de traballo directos.Pavimentación das rúas da zona sur do barrio dos Mallos e mellora da súa rede de saneamento. Este proxecto fará posible a renovación das beirarrúas e calzada das rúas Europa, san Rosendo, Pedroso, Filipinas e Porto Rico. Tamén se intervirá na rede de saneamento naquelas vías nas que é de tipo unitario para convertela en separativa. En total a superficie de pavimentación de beirarrúas proxectada é de 3.962m2, a de pavimentación de calzadas é de 2.060 m2 e o prazo de execución das obras será de seis meses. O orzamento de licitación das obras é de 748.709 euros e nelas obterán emprego 17 traballadores.
+Info en Coruna.es.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.