26/01/09

Repasando as axudas para rehabilitación

O casco histórico deixou de copar a grande maioría das axudas a rehabilitación. Polo menos, segundo os últimos datos da Oficina Municipal de Rehabilitación: das 152 subvencións concedidas a finais de 2008, só o 38% foron destinadas a vivendas da Cidade Vella e centro.

O fondo destas axudas, que ascende a preto de 2,5 millóns de euros (financiados de forma conxunta por Concello, Xunta e Goberno), tamén deixará un bo belisco noutras zonas. En concreto, en 36 rúas de dez barrios, entre os que se atopan Os Mallos, Catro Camiños (polas vivendas de Fernández Latorre), Sagrada Familia, Os Castros, Monte Alto, O Ventorrillo, Labañou, Agra do Orzán, El Ensanche e Riazor. Destinaranse sobre todo a zonas cun número importante de vivendas en mal estado, como é o caso de San Jaime, Belén e Niño Jesús (en Sagrada Familia) ou Colombia (na zona de Labañou).

Párrafos recollidos do xornal 20Minutos, nun artigo no que repasa as diferentes actuacións na rehabilitación de barrios, rúas e vivendas.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO