Pechado Santa Margarita: novo aviso por temporal...
...que adquire maior importancia porque aínda non nos recuperamos do anterior. O Concello volve pedir aos cidadáns que extremen a precaución ante a alerta laranxa que decretou Protección Civil de Galicia para as próximas horas, e que podería afectar de novo á cidade coa presenza de fortes ventos.
A primeira medida que se tomou é manter pechado o parque de Santa Margarita (polo que a visita á nova Casa das Ciencias podería non ser unha boa idea) e valar as zonas arboladas e parques da cidade, tal e como se houbo a semana pasada, por o que se aconsella aos cidadáns que non se acheguen a estas zonas, así como ao paseo marítimo e outros lugares próximos ao mar onde os cidadáns corran o perigo de ser arrastrados polas ondas.
Do mesmo modo, vólvese recomendar que non se deixen elementos soltos en terrazas e balcóns, que se extremen as medidas de precaución e que se evite circular en coche se non é estritamente necesario.
+Info en Meteogalicia.
La Opinión A Coruña.
La Voz de Galicia.
*Actualización (30/01/09; 12h00):
Un novo vendaval tira uralitas ao patio do instituto da Sardiñeira e á rúa. O forte vento rexistrado nas últimas horas tamén provocou a caída de árbores en varias estradas da comunidade. A Xunta suspende todas as actividades deportivas escolares.
O vento que azoutou con forza durante a madrugada provocou a caída de uralitas do tellado do edificio situado no número 10 da rúa Filipinas. As pezas derrubáronse sobre a rúa e sobre o patio do instituto da Sardiñeira, segundo informou o 112. Ao lugar acudiron axentes da Policía Local.
+Info en 20Minutos.

Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.