O temporal nos Mallos: Unha rúa cortada e desaparece medio semáforo
O noso veciño Javier envíanos este vídeo da Ronda de Outeiro a iso das 02h, cando marchou a luz por completo de todas as rúas e edificios do barrio. O que se ve nas imaxes é a Ronda de Outeiro como poucas veces se ve.
<- Foto Ronda de Outeiro zona San Cristóbal, é a luna do BBVA. Agora mesmo, é a 01h15 da madrugada e a Policía Nacional custodia a zona. Foto por Xornal.com
A rúa San Jaime está cortada ao tráfico obrigatoriamente á altura de Sargento Provisional. O vento levou por diante as vallas dunha das obras de rehabilitación, todo o que ocultaban estas vallas se esparexeron pola zona chegando á praza da Sagrada Familia e alcanzando varios coches.
Na esquina da Rolda de Outeiro coa Avenida de Arteixo falta medio semáforo, exactamente as lámpadas de arriba. Os demais semáforos do cruzamento non funcionan.
Según lemos no blog Novo Mesoiro, está destrozado o tellado do polideportivo da Sardiñeira.
A parada do bus da Rolda de Outeiro número 126 caeu, por sorte non pasaba ninguén por alí.
Unha sinal da Rolda de Outeiro esquina San Luis voou do semáforo no que estaba agarrada.
<- Na esquina da Sagrada Familia coa Avenida de Arteixo hai unha acumulación de contenedores esparexidos polo chan. Hai varios coches afectados. Foto enviada por Raquel.
Pola mesma zona, un canalon dun edificio veuse abaixo.
Varias vallas das obras de Vioño na Rolda de Outeiro viñéronse abaixo.
As pancartas do Distrito Mallos que ocupaban os accesos ao parking de Os Mallos están desfeitas.
O barrio quedou ás escuras en varias ocasións, a Avenida de Arteixo zona Vioño permanecía sen luz a iso da medianoite. Entre a 01h e as 02h da madrugada, como media hora, a Ronda de Outeiro quedou sen luz, ao igual que as rúas da zona San Luis, Diego Delicado, San Vicente e proximidades.
As rúas da Sagrada Familia e varias zonas dos Mallos están cheas de obxectos tirados por calquera parte, varios pasan voando por enriba dos poucos coches que se atreven a circular.
*Actualización (24/01/09; 12h00):
Intento de roubo nunha peluquería. Aproveitando o espectacular temporal, co seu espectacular ruido e os múltiples apagóns que deixaban medio en caos o barrio, intentaron roubar unha peluquería en Eusebio da Guarda usando utensilidos da obra cercana. Ante a chamada de veciños que se enteraron do que estaba pasando, apareceu a Policía detendo alomenos a unha persoa.
<- Foto Ronda de Outeiro zona San Cristóbal, é a luna do BBVA. Agora mesmo, é a 01h15 da madrugada e a Policía Nacional custodia a zona. Foto por Xornal.comA rúa San Jaime está cortada ao tráfico obrigatoriamente á altura de Sargento Provisional. O vento levou por diante as vallas dunha das obras de rehabilitación, todo o que ocultaban estas vallas se esparexeron pola zona chegando á praza da Sagrada Familia e alcanzando varios coches.
Na esquina da Rolda de Outeiro coa Avenida de Arteixo falta medio semáforo, exactamente as lámpadas de arriba. Os demais semáforos do cruzamento non funcionan.
Según lemos no blog Novo Mesoiro, está destrozado o tellado do polideportivo da Sardiñeira.
A parada do bus da Rolda de Outeiro número 126 caeu, por sorte non pasaba ninguén por alí.
Unha sinal da Rolda de Outeiro esquina San Luis voou do semáforo no que estaba agarrada.<- Na esquina da Sagrada Familia coa Avenida de Arteixo hai unha acumulación de contenedores esparexidos polo chan. Hai varios coches afectados. Foto enviada por Raquel.
Pola mesma zona, un canalon dun edificio veuse abaixo.
Varias vallas das obras de Vioño na Rolda de Outeiro viñéronse abaixo.
As pancartas do Distrito Mallos que ocupaban os accesos ao parking de Os Mallos están desfeitas.
O barrio quedou ás escuras en varias ocasións, a Avenida de Arteixo zona Vioño permanecía sen luz a iso da medianoite. Entre a 01h e as 02h da madrugada, como media hora, a Ronda de Outeiro quedou sen luz, ao igual que as rúas da zona San Luis, Diego Delicado, San Vicente e proximidades.
As rúas da Sagrada Familia e varias zonas dos Mallos están cheas de obxectos tirados por calquera parte, varios pasan voando por enriba dos poucos coches que se atreven a circular.
*Actualización (24/01/09; 12h00):
Intento de roubo nunha peluquería. Aproveitando o espectacular temporal, co seu espectacular ruido e os múltiples apagóns que deixaban medio en caos o barrio, intentaron roubar unha peluquería en Eusebio da Guarda usando utensilidos da obra cercana. Ante a chamada de veciños que se enteraron do que estaba pasando, apareceu a Policía detendo alomenos a unha persoa.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.