16/01/09

O Plan FEIL cubrirá os patios dos colexios

A Xunta de Goberno aprobou os últimos 20 proxectos correspondentes ao Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) por valor de 10 millóns de euros. Deste xeito, finaliza a tramitación deste plan que supón un investimento total de 43,2 millóns de euros e un total de 85 proxectos repartidos por diferentes lugares da cidade.

Pódese resumir as actuacións deste plan no barrio en tres puntos: pavimentación de rúas (algunhas foron esquecidas a pesar de necesitar moito un arranxo, como Antonio Viñes), melloras na iluminación pública (o 20Minutos di que haberá novas farolas) e como detalle aos máis pequenos, dotarase de patios cubertos a varios colexios.

Anunciadas hoxe que afecten ó noso barrio:

- Modernización e mellora eficiente do alumeado público na Avenida de Arteixo.

- Dotación de patios cubertos aos CEIP Sagrada Familia e Rosalía de Castro, así como tamén ao cercano CEIP Concepción Arenal.

- Entre a pavimentación prevista de varias rúas, mencionamos á Falperra, aínda que non sabemos se será no tramo dos Mallos ou do outro lado da Ronda de Nelle.

Nas semanas anteriores, estas foron as actuacións anunciadas para o barrio:

- Pavimentación das rúas Europa, San Rosendo, Pedroso, Filipinas e Puerto Rico por importe de 748.709,11 euros.

- Pavimentación das rúas Francisco Tettamancy, Borrallón, San Vicente, Francisco Catoira, Diego Delicado, Germán Taibo e Mariana Pineda por importe de 747.069 euros.

-Pavimentación das rúas Cardenal Cisneros, Nuestra Señora de la Luz, Sargento Provisional, Sagrada Familia, González del Villar, Río Anllóns e Marabillas (1.005.224,37 euros).

-Modernización e mellora eficiente da iluminación pública en Sagrada Familia.

+Info en Coruna.es

Sobre o Plan Feil na cidade, fala hoxe o 20Minutos, (aquí para ver en pdf).

2 Comentarios:

Diego Fernandez Villar dijo...

En la plaza de San Cristobal existe un divorcio involuntario.La dama que acompañaba al guerrero ha desaparecido.Hay quien dice que se la llevaron para su reparacion,pero solo estaba suelta de su ubicacion. Como ya ha pasado un tiempo mas que prudencial para su reposicion, solo se me puede ocurrir una idea, ¿Se habra marchado con otro?

Blog Barrio dos Mallos dijo...

Sí, alguien la soltó de su ubicación (¿o sería ella misma?) y se la llevaron para tenerla a buen recaudo y no la han vuelto a traer. Hay 2 opciones: o está abandonada hasta que alguien se acuerde de ella en algún almacén municipal o tal y como dices, aburrida de cotidiana y rutinaria vida, abandonó su lugar en busca de algo nuevo!

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO