17/01/09

O Distrito Mallos responde..

Este nadal vin algo da campaña do comercio que organizaba o Concello, como comerciante me pareceu moi pobre, e o comercio de cada zona nin se decatou, aos clientes non os podes marear con: "toma o tiquet e vas a esta ou á outra zona de Coruña para que che dean un rasca que seguramente non che toca" e para iso teño que pagar 30 euros "simbólicos" que ao final resulta que os euros simbólicos de todos os comerciantes que pagamos, eran case tantos como os que puxo o Concello.
Distrito Mallos entrou nesta campaña coa Federación de Comercio, e dende o principio fomos moi críticos, para min o importante foi que por primeira vez se facía algo dese nivel dende o Concello. Non resultou ben, é a verdade, o que esperamos é que se repita a experiencia e nos dean máis protagonismo aos comerciantes que coñecemos os nosos clientes.

Parece ser que o Concello ten este ano moito diñeiro para facer melloras na cidade; fálase do que van facer en moitos barrios da cidade, pero dos Mallos non escoito nada, e parece ser que o único problema que temos é "o Agra dos Mallos" teriamos que facer algo para que mirasen para nós, este barrio necesita beirarrúas, recollida de augas de chuvia, mobiliario urbano, colectores de lixo, papeleiras, soportes con plantas, e mil cousas máis ca min vexo noutras zonas.
Ten vostede razón, Os Mallos nunca foi un barrio especialmente querido polo Concello, dende Distrito Mallos, hai anos pedimos unha Avenida dos Mallos con beirarrúas máis anchas, con árbores máis decorativas e de menor tamaño, con bancos, con soportes. Esta rúa ten un estupendo comercio, é plana, e podíase poñer preciosa e daría moita vida á zona. Xa non falo de Angel Senra, pois espero que "xa" comece a súa reforma.


**Nova sección no Xornal do Distrito Mallos, as preguntas que realices serán respondidas cada mes no Xornal do Distrito Mallos; despois, no Blog Barrio dos Mallos as recolleremos para publicalas aquí no blog. Se queres dirixirte á Asociación de Comerciantes dos Mallos para facerlles algunha pregunta, aquí tes os datos:

Con toda liberdade escribide a:
Teléfono : 981 238 164
Fax : 981 168153
E mail: parkingmallos@yahoo.es
Correo postal: Distrito Mallos
Ronda de Outeiro (esquina Mallos)
Subterráneo 15007 A Coruña

***
Se non tes a Tarxeta Cliente Amigo do Distrito Mallos non esperes máis para acadala. Con ela poderás participar, semanalmente e de forma gratuita, en sorteos de cheques de compra nos comercios da Asociación Distrito Mallos por valor de entre 25€ e 350€. Pero ademais terás ofertas e descontos en comercios asociados dos que estarás informado puntualmente a través do xornal do barrio e da web http://www.distritomallos.net/. Máis de 3.000 persoas xa teñen a súa Tarxeta, en canto sexamos 5.000 teremos descontos máis importantes como por exemplo, descontos en Gasolineras.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO