O Concello saca a concurso proxectos do FEIL no barrio
Renovación de beirarrúas e calzada e nova zona de xogos infantís nos Mallos.Varias rúas da zona norte do barrio dos Mallos (Francisco Tettamancy, Borrallón, San Vicente, Francisco Catoira, Diego Delicado, Germán Taibo e Mariana Pineda) realizadas na década dos 70, necesitan melloras destinadas a mellorar a calidade de vida dos veciños. Estas obras centraranse na renovación do pavimento e as beirarrúas das citadas rúas, a modernización da rede de saneamento e as canalizacións e a mellora xeral da accesibilidade en zonas de paso de peóns. A superficie de pavimentación de beirarrúas proxectada é de 2.895 m2 e a superficie de pavimentación de calzadas será de 2.420 m2.
Así mesmo, crearase unha zona de xogos nova na zona da Sardiñeira. Nela instalarase un xogo múltiple e dous xogos giratorios para nenos de entre dous e seis anos, sobre chan de goma continua.
O prazo de execución das obras será de seis meses e o número de persoas que está previsto ocupar na obra é de dezasete. O orzamento ascende a 747.069 euros.
+Info en coruna.es














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.