Nova campaña polo galego, nova polémica política
O Concello da Coruña iniciou a campaña "Tes dereito a unha atención en galego", que aposta por pedir "cun sorriso" a comunicación en galego.Esta campaña na que colabora A Mesa pola Normalización Lingüística, procura dar a coñecer á cidadanía o seu dereito a ser atendida oralmente en galego en calquera administración ou empresa pública. O obxectivo principal da campaña é garantirlle á cidadanía o dereito a unha atención en galego no ámbito do Concello da Coruña.
Este dereito está recollido no artigo 54 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: Art. 54 Principios de conduta (…) 11. Garantirán a atención ao cidadán na lingua que solicite sempre que sexa oficial no territorio .
Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística
----------------
O PP rexeita esta campaña.
O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia a complicidade do alcalde na última campaña de presión da asociación privada A Mesa pola Normalización Lingüística, financiada polo Goberno local, e máis concretamente pola Concellaría de Mocidade, coa que tratan de impoñer aos funcionarios e traballadores municipais o uso do galego no exercicio das súas funcións, instando os cidadáns a que denuncien situacións de incumprimento a través dun teléfono 902, non gratuíto, e a través dunha mail desta asociación privada.
O PP lamenta que Losada volva a financiar, con fondos públicos, actividades de acoso lingüistico de A Mesa pola Normalización Lingüistica, compartindo inluso na portada do folleto o seu logotipo co do Concello.
http://www.ppcoruna.com/














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.