22/01/09

Nota dende Monte Alto

A AVV de Monte Alto pídenos a publicación da seguinte Nota de Prensa con motivo do cese temporal do seu Presidente:

O PRESIDENTE DA A VV DE ATOCHAS-MONTE ALTO-TORRE DE HÉRCULES, DAVID PENA, ANUNCIA O CESAMENTO TEMPORAL NA PRESIDENCIA DA ENTIDADE VECIÑAL POR CONCORRER COMO CANDIDATO DO BNG ÁS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS DO 1 DE MARZO DO 2009

A REPRESENTACIÓN VECIÑAL ATA O VINDEIRA ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS/AS SERÁ VEHICULIZADO COLEXIADAMENTE POLA ACTUAL XUNTA DIRECTIVA

Sr/a Redactor/a Xefe:

Pola presente a A VV de MONTE ALTO comunica o cese temporal de David Pena no seu cargo de Presidente da entidade debido á súa condición de candidato do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ao Parlamento Galego pola Provincia da Coruña.

A representación veciñal será desenvolvida desde este mesmo intre de maneira colexiada pola actual Xunta Directiva e así será ata a celebración da vindeira Asemblea Xeral de Socios/as.

Sen outro particular, e agradecendo sinceramente a publicación desta nota, reciba un cordial saúdo.

A CORUÑA, 21 de xaneiro de 2.009

XUNTA DIRECTIVA
A. VV. ATOCHAS-MONTE ALTO-TORRE DE HÉRCULES

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO