Os colexios pechados por aviso de temporal
190.000 alumnos de A Coruña e Lugo quedan mañá sen clases debido ao temporal. Educación decidiu suspender todas as clases de ensino non universitario nestas dúas provincias. Galicia permanece en alerta laranxa por fortes ventos, que poderían alcanzar os 140 quilómetros por hora nas próximas horas.
+Info en Xunta.es e La Voz de Galicia.
*Actualización (23/01/09; 17h00):
O Concello pecha o parque de Santa Margarita, As Conchiñas e a zona de plátanos de San Pedro de Mezonzo. "A seguinte medida adoptada foi acordoar e pechar determinadas zonas verdes, prazas e parques con arboredo da cidade co fin de garantir a seguridade dos cidadáns e evitar contratempos polas posibles caídas de ramas. Así, pechouse o parque de Santa Margarita, zona de palmeiras de Méndez Núñez, a zona de eucaliptos das Esclavas, zona de plátanos da igrexa de San Pedro de Mezonzo e praza das Conchiñas. Ademais, acordoáronse a praza do Libro, o Campo de Marte, praza de España, cemiterio de Santo Amaro, praza de Azcárraga e Xardín de San Carlos, ata o momento."
+Info Coruna.es

Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.