24/01/09

Intento de roubo e destrozos polo temporal

Intento de roubo nunha peluquería. Aproveitando o espectacular temporal, co seu espectacular ruido e os múltiples apagóns que deixaban medio en caos ó barrio, intentaron roubar unha peluquería en Eusebio da Guarda usando utensilidos da obra cercana. Ante a chamada de veciños que se enteraron do que estaba pasando, apareceu a Policía (ata catro coches entre patrullas e camuflados) detendo alomenos a unha persoa, aínda que é posible que non pillaran a todos os implicados. A porta do establecemento, de cristal, ten un burato que consegueron facer a base de golpes.

Fotos sobre os destrozos no Parque de Vioño, campo de fútbol da Grela, praza de San Cristóbal, parada de bus do Centro de Saúde e praza da Sagrada Familia. [Podes ver como seguimos o temporal en directo, máis ou menos, aquí.]



















0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO