31/01/09

Cursos tecnolóxicos e formación do voluntariado

Recibimos as seguintes informacións:

Cursos das novas tecnoloxías nas bibliotecas.
As Bibliotecas Municipais da Coruña ofertan para os próximos 3 meses unha ampla campaña formativa que pretender dar resposta a aspectos moi concretos do interese cidadán polas novas tecnoloxías: redes sociais, correo, teléfonos móbiles, etc. Trátase de cursos intensivos de curta duración (normalmente 2 días) onde se impulsa que o alumno amplíe e desenvolva os seus coñecementos das últimas ferramentas sociais, tamén coñecidas como Internet 2.0.

Estes cursos desenvólvense na maioría das bibliotecas municipais da Coruña e o prazo de inscrición comeza o 29 de xaneiro:

TIPOS DE CURSOS

CURSOS INTERNET 2.0
- Inscrición on-line na web de bibliotecas: www.coruna.es/bibliotecas
- Requiren coñecementos previos de informática e Internet

1. Redes sociais (avanzado)
2. Correo Web (avanzado)
3. Viaxes en Internet (avanzado)
4. Busca de traballo en Internet (avanzado)
5. Mantemento de ordenador portátil (avanzado)
6. Álbumnes de fotos on-line (avanzado)


CURSOS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS
- Inscrición presencial en cada biblioteca
- Non requiren ningún coñecemento previo

1. Uso básico do teléfono móbil (Básico)
2. Que fan vos nos vos fillos en Internet? (Básico)


A PARTIR DO 29 DE XANEIRO TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓN EN LIÑA en: www.coruna.es/bibliotecas

---------------------------

Arranca o Programa de Formación do Voluntariado 2009 cun total de 17 cursos. A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística presentou o Programa de Formación do Voluntariado no Concello da Coruña 2009. A concelleira destacou que trátase dun "ambicioso" programa orientado a dotar as distintas entidades sociais da cidade dos recursos necesarios para desenrolar as súas actividades en beneficio dos demais.

O programa consta de catro grupos principais nos que se tratan temas como a mellora organizativa e de xestión de entidades, a captación de fondos, o deseño, avalización e xustificación de proxectos, a coordinación interna ou a formación en voluntariado, entre outros. Outro aspecto salientabel é a posibilidade que teñen estas entidades de traballar en rede o que permite non só mellorar a comunicación entre as entidades locais senón tamén entre os propios voluntarios.

O programa para o 2009 consta de 17 cursos. O prazo de inscripción para cada un deles rematará unha semana antes do comezo do mesmo. Para formalizar a inscripción pódese facer chamando o 900 400 800 ou a través da web www.voluntariadogalego.org.

Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO