4 Millóns de Euros para proxectos no barrio
Pavimentación de rúas, novas farolas e patios cubertos para os colexios. Así pode resumirse para o barrio o FEIL (Fondo Estatal de Investimento Local), o chamado "Plan Zapatero", cuio anuncio e posterior tramitación coincide nos meses anteriores ás eleccións, estando agora mesmo en plena pre-campaña, ¿casualidade? O mellor do plan é que un máis que aceptable número de persoas terá traballo en proxectos destinados a mellorar os lugares comúns de todos.
Está claro que o arranxo de moitas rúas do barrio é un ben moi necesario, hai algunhas que están moi mal e nin sequera aqueles "megaplans" de asfaltado de toda a cidade cos que tanto presumiu o Alcalde foron quen de solucionar. Agora chega este plan para arranxar unha morea delas, pero algunhas rúas con necesidade non foron incluidas e permanecen esquecidas. ¿Un exemplo? A rúa Antonio Viñes, leva anos en mal estado e polo que se ve, así seguirá.
O barrio podería estar "satisfeito" pola cantidade de proxectos anunciados ou que están en estudio, pero non o estamos nin o estaremos de momento, porque despois de moitas esperas e moitas peticións, os proxectos seguen anunciados, en fase de redacción ou en fase de estudio, pero apenas tan só un par deles están en execución e os demais acumulan atrasos e máis atrasos.
Un exemplo deles son a construcción da intermodal e a reforma dos seus arredores, a reforma de Angel Senra, semi-peatonalización de Francisco Catoira, rehabilitación da Sagrada Familia (único proxecto que está executándose) e o parking subterráneo na Sagrada Familia entre outros, aos que se suman os anunciados nestas últimas semanas con motivo do Plan FEIL, que por certo, é probable que según as condicións deste plan que obliga a cumplir uns prazos, vexamos antes rematados estes proxectos que os anteriormente anunciados.
Pero con isto non se solucionan todas as necesidades do barrio, queda moito por facer e por arranxar. Algúns que podamos citar son a reforma da pasarela peonil da Ronda de Outeiro, ía iniciarse en novembro según anunciaron, pero non foi así e aquí seguimos esperando. Os accesos ó centro de saúde convértense en todo un problema cando chove. Nun dos laterais créanse grandes charcos tal e como se poden ver aquí. ¿E a reforma da Avenida dos Mallos? Houbo propostas e falouse de convertila nun "boulevard", é dicir, beirarrúas máis anchas, árbores máis pequenas pero máis decorativas, con bancos, maceteiros, etc., pero ata o momento, nada se sabe.
Benvidos sexan todos os proxectos que axuden a mellorar o barrio.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.