O segundo paquete do "Plan Zapatero" pavimentará varias rúas do barrio
A Xunta de Goberno aprobou este martes o segundo paquete de medidas incluído no Fondo Estatal de Investimento Local, cun importe global de 10.814.291,85 euros. Entre estas medidas, aparecen actuacións que se levarán a cabo no noso barrio.- Pavimentación das rúas Europa, San Rosendo, Pedroso, Filipinas e Puerto Rico por importe de 748.709,11 euros.
- Pavimentación das rúas Francisco Tettamancy, Borrallón, San Vicente, Francisco Catoira, Diego Delicado, Germán Taibo e Mariana Pineda por importe de 747.069 euros.
Seguiremos atentos ó resto de actuacións que se anunciarán nas vindeiras semanas a ver se "nos toca" algo máis.
Podes ler o artigo completo en coruna.es














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.