¡Feliz Ano 2009!
E así sen máis, como se tal cousa e case sen enterarnos, remata 2008. Un ano máis, unha noitevella máis, coa súa cea (cea baile para algúns), coas súas 12 uvas acompañadas de ¿Ramón García?, Paula Vázquez ou Gayoso, co seu cotillón, festa rachada e chocolate con churros antes de ir a durmir ben entrada á mañá.Que o pasedes ben os que fagades o mesmo que todos e o de todos os anos; e tamén bós desexos de festa para aqueles que fagades unha celebración alternativa lonxe dos tópicos; andade con xeito e con sentidiño, porque querémosvos ter a todos de volta por aquí o próximo día 2 de Xaneiro, estreando o novo ano connosco.
Feliz despedida de ano a todos.
Feliz entrada de ano a todos.
Feliz Ano 2009!














Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.