Detidos os dous mozos que roubaron en negocios do barrio
A Policía Nacional detivo o pasado día 5 de decembro aos presuntos autores de dous delitos de roubo con forza. Trátase dun menor de 16 anos e outro mozo de 18 anos, ambos os dous naturais e veciños da Coruña.Os feitos que motivaron o seu arresto producíronse nun establecemento comercial dos Mallos de madrugada. Foi o propietario do negocio o que os sorprendeu roubando e o que emprendeu a súa persecución pola rúa de San Vicente.
Os veciños avisaran o dono dun intento de roubo previo, polo que este decidiu facer garda no local. Cando levaba alí unha hora, comezou a escoitar patadas na porta e comprobou que o menor agora detido intentaba romper o cristal, mentres que o seu compañeiro vixiaba fronte ao establecemento.
O dono decidiu abrir de xeito sorpresiva a porta, polo que ambos os dous mozos emprenderon a fuxida. A pesar das ameazas que recibiu, o propietario do negocio decidiu perseguilos, á vez que avisou a través do seu teléfono móbil a Policía Nacional.
Os axentes do 091 apresaron os presuntos autores deste delito na rúa de Oidor Gregorio Tobar. Precisamente, a raíz de investigacións posteriores, ambos os dous foron imputados por outro roubo nun establecemento desta vía, de onde subtraeron 36 caixas de preservativos, dúas tarxetas de crédito e algo máis de 500 euros en efectivo.
El Ideal Gallego.







Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.