31/12/08

Cursos de Galego e Cine en Galego

Recibimos as seguintes información dende a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Cursos de Galego

Esta aberto o prazo para os cursos preparatorios do Celga que o Servizo de Normalización Lingüística impartirá nos próximos meses.
Nesta ocasión, haberá un total de 10 cursos para os niveis Celga 1, 2, 3 e 4 distribuídos por distintas entidades da cidade. Para inscribirse o prazo está aberto até o 30 de xaneiro de 2009 no Rexistro do Edificio Administrativo de Monelos. Todos os cursos comezan o luns, 9 de marzo. Para calquera aclaración poden chamar ao teléfono 981 184 259.

Podes ler aquí toda a información.

-----------------

A partir do 10 de xaneiro todos os sábados ás 18.00h sesión de cine en galego para nenos no Macuf

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística organiza no primeiro trimestre de 2009 e en colaboración co Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e a CRTVG, un ciclo de cine dirixido aos máis pequenos da casa.

Todos os sábados de xaneiro, febreiro e marzo, a partir das 18 horas, proxectarase unha película de temática infantil na sede do MACUF da Coruña. A concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, sinalou que a actividade ten por obxectivo ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante as fins de semana.

A edil explicou que a concellaría trata así de dar resposta a unha demanda reiterada dende as familias e os colectivos de ensino. "Intentamos ofrecer unha programación que incorpore títulos máis tradicionais, como Astérix ou Tintín, con outros de nova creación como As Super Nenas".

Podes ler aquí toda a información.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO