21/12/08

A compañía de tranvías e o seus argumentos

*Artigo realizado según os datos aparecidos neste artigo do xornal La Opinión:

"Tranvías afirma que as liñas modificadas aumentan un 20% a súa pasaxe."

Incorrecto según a súa propia información, a 12 baixa e ocultan os datos da 15.

- "A liña que máis crece é a 14, na que o incremento de usuarios varía entre o 29% e o 36%, o que a confirma como a máis solicitada."

É evidente que si suprimes a Liña 12A que tamén pasaba polo mesmo tramo da Ronda de Outeiro, aos usuarios non lles queda outra que utilizar a Liña que segue facendo ese recorrido. Os que antes se subían á 12A para ir en dirección Os Rosales, agora se suben á Liña 14. E na outra dirección, todos os que antes utilizaban o 12A para ir ó Castrillón utilizan agora a Liña 14. Non é que a xente utilice máis o bus, é que se quitan unha Liña, teñen que utilizar a que queda si ou si.

- "A 12, cuxo percorrido xa non pasa por O Castrillón, caeu un 15% na súa utilización, aínda que a Compañía confía en que volva recuperar o seu nivel anterior no futuro."

Normal que baixe, os veciños de todo un barrio coma o Castrillón xa non poden usar esta Liña.

- "As liñas 23 e 23A viron subir o número dos seus pasaxeiros entre un 11% e un 19%."

Efectivamente, si antes había 3 liñas que facían este recorrido, e agora hai dúas, o mesmo número de veciños que se repartía antes entre 3 liñas, agora se ten que repartir en dúas.

- "A empresa non proporciona datos achega da utilización da liña 15, a única de nova creación neste proceso e que enlaza a zona da estación do ferrocarril co Hospital Universitario a través do barrio de O Castrillón."

Curioso que sexa a única da que non se ofrece datos, ¿non vai como se esperaba?

Resumindo, por moito que digan dende a compañía de tranvías, dubido moito que os cambios nas liñas de buses fixera aumentar o número de viaxeiros que con tanto orgullo proclaman. Simplemente, a xente reagrupouse dunhas liñas a outras en función dos novos traxectos, polo que algunhas aumentan (14) e outras descenden (12).

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO