20/11/08

Queixas polas obras de rehabilitación na Sagrada Familia





Veciños que nos deixan nos comentarios ás súas queixas sobre o actual estado da zona de San Jaime, Niño Jesús e Reyes Magos por culpa das obras. Parece que se decidiu facer todo de golpe, agrupar todas as obras ó mesmo tempo, supoñemos que para acabar antes. Están pechadas ó tráfico as rúas de Niño Jesús, Reyes Magos, Nazaret e o último tramo da Sagrada Familia. Estas rúas están totalmente levantadas e en moitos dos casos, o acceso ás vivendas e negocios é complicado de máis.

Realmente a zona chama a atención, un coñecido noso que non é do barrio e que pasou por alí estes días, definiunos a zona coma un "caos", que nunca vira nada semellante ó facer unhas obras, que quizais sería mellor que as fixeran por partes para crear o menor número de molestias posibles, aínda que tamén dixo que é probable que desta forma rematen antes.

Estos son os comentarios que nos deixaron no blog:

"Pareceme moi ben toda a rehabilitacion que estase a facer no barrio mais e insultante como veñen de facelo o tramo que indicades supon un corte total de acceso a todo vehiculo e dicir ambulancia, asistencia terceira idades, bombeiros y repartidores de toda crase de vehiculos, por non dicir como teñen que pasar os viandantes con semellante lameira e en medio de toda a maquinaria,volvo a repetir e insultante para os veciños, mais as asociacios veciñais non fan nada por resolver este problema, non quero nin pensar que pase algunha desgracia xa que o numero de viviendas incomunicadas, soamente poden pasar camiñando a a duras penas."

Ver aquí o comentario.

"Todo o que comentas sobre as obras no barrio da sagrada familia e certo mais agora neste dia encontramonos con todas as ruas (todas) que mais parece unha zona de guerra que as veiraruas das casas, esta situacion e deplorabel, ven se nota que os que fomentaron iste tipo de obras non has teñen que padecer soamente tedes que dar unha volta pola zona para levares as maos a testa xa que isto e unha tomadura de pelo. Levantan levantan mais non arranxan."

Ver aquí o comentario.

Esperemos que tanta penuria e "caos" teñan a pronta recompensa de ver un barrio "novo".

Máis sobre a rehabilitación aquí.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO