O pequeno comercio en perigo
*Interesante carta publicada en 20Minutos sobre os centros comerciais na Coruña. ROI CARBALLIDO SANJURJO. 22.10.2008
Como é sabido, nos próximos meses está prevista a apertura de numerosos centros comerciais na cidade da Coruña. Isto estase a levar a cabo a pesares de que non se realizou ningún estudio de mercado para coñecer cantas grandes superficies deste tipo pode soportar a nosa cidade e co total consentimento das autoridades municipais, que, polo que se ve con estes movementos, prefiren contribuír ó enriquecemento de empresarios en detrimento das economías domésticas e pequenos comerciantes obrigados a pechar os seus negocios ante a imposibilidade de competir fronte a tales ‘Imperios do Consumo'.
As vantaxes de mercar nos comercios de barrio son: un trato persoal moito máis cálido e próximo que posibilita unha boa relación entre vendedor e cliente. Iso, entre outras cousas, debería contribuír a que os consumidores se decantasen por seguir mercando na tenda de barrio pese a que as grandes áreas ofrezan prezos cos que as pequenas empresas non poden competir.
Pero nestes últimos anos, as cidades estanse a encher de grandes superficies comerciais que alimentan a nosa mentalidade consumista, o que pon en perigo a continuidade de moitos negocios de barrio. Ante esta situación, é preciso que as Administracións Públicas se comprometan a dar máis apoios e axudas ó pequeno comercio para garantir a supervivencia de moitas das familias que del dependen e que regulen a presenza das grandes superficies comerciais que nin sequera deixarán a riqueza na cidade da que se están servindo para encher os seus petos.
Os políticos deberían comprender polo tanto que o comercio de proximidade é o motor da cidade e é ahí onde deben centrar os seus esforzos para fomentar o tecido industrial dunha cidade, vila ou comarca.
Como é sabido, nos próximos meses está prevista a apertura de numerosos centros comerciais na cidade da Coruña. Isto estase a levar a cabo a pesares de que non se realizou ningún estudio de mercado para coñecer cantas grandes superficies deste tipo pode soportar a nosa cidade e co total consentimento das autoridades municipais, que, polo que se ve con estes movementos, prefiren contribuír ó enriquecemento de empresarios en detrimento das economías domésticas e pequenos comerciantes obrigados a pechar os seus negocios ante a imposibilidade de competir fronte a tales ‘Imperios do Consumo'.As vantaxes de mercar nos comercios de barrio son: un trato persoal moito máis cálido e próximo que posibilita unha boa relación entre vendedor e cliente. Iso, entre outras cousas, debería contribuír a que os consumidores se decantasen por seguir mercando na tenda de barrio pese a que as grandes áreas ofrezan prezos cos que as pequenas empresas non poden competir.
Pero nestes últimos anos, as cidades estanse a encher de grandes superficies comerciais que alimentan a nosa mentalidade consumista, o que pon en perigo a continuidade de moitos negocios de barrio. Ante esta situación, é preciso que as Administracións Públicas se comprometan a dar máis apoios e axudas ó pequeno comercio para garantir a supervivencia de moitas das familias que del dependen e que regulen a presenza das grandes superficies comerciais que nin sequera deixarán a riqueza na cidade da que se están servindo para encher os seus petos.
Os políticos deberían comprender polo tanto que o comercio de proximidade é o motor da cidade e é ahí onde deben centrar os seus esforzos para fomentar o tecido industrial dunha cidade, vila ou comarca.














O pequeno comercio é fundamental no desenrola dunha cidade,sexa máis ou menos pequena.
Os grandes beneficiados sempre son a xente que vive con nós. Ninguén dubida da necesidade dalgún centro comercial de grandes dimensións, pero outro tema é asoballar a unha cidade coma a nosa con 250000 habitantantes.
Moitos seguen a preguntarse por que mercar no seu barrio e tal como respondía nun artigo neste blog hai un tempo, pois porque un barrio sen comercio non ten vida. Mercar no teu barrio garantiza a supervivencia dos comercios e con eles garantízase que haxe xente na rúa, que haxa momento e convertila nunha rúa alegre.
Para demostralo, so tes que pasar por rúas que non teñen comercios e verás a tristura que desprenden, ademais da mala imaxe de vivir nunha rúa apagada e pouco acolledora.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.