O grupo popular visitou o Agra dos Mallos
Varios concelleiros do Partido Popular visitaron o barrio dos Mallos e volveron demandar ó goberno local que desenvolva o polígono APE F9.01, situado arredor do centro cívico e onde se manteñen unhas casas en estado lamentable, que alí quedaron tras a construción do centro cívico e o parque da zona. De todos os inmobles, oito permanecen habitados aínda que nalgúns casos non teñen conexión á rede pública de abastecemento de augas e en ningún á rede de sumidoiros, verquendo as augas residuais a pozos negros.En 2007, a preguntas do grupo municipal do PP, o executivo municipal aseguraba que se "posibilitará o acceso destas familias a outras vivendas, ben por expropiación forzosa, ben por ocupación directa. Non obstante, un ano despois, denuncia o grupo liderado por Carlos Negreira, os veciños da zona seguen sen ter noticias dun realoxamento: "Pon en evidencia que todo aquilo non é unha prioridade para o grupo de goberno".
Os populares tamén afirman, tras a visita, que a zona do parque ten un "pésimo" mantemento e mesmo entraña risco para nenos e maiores porque "desapareceron os valos protectores que o separan da zona de escombros e maleza". Outra das cuestións que apuntan os concelleiros é o rego automático na área recreativa que, segundo explican, comeza ás 17.30 horas "no momento de maior ocupación da zona de xogos, impedindo o uso polos nenos e mollando os cidadáns desprevidos".
El Ideal Gallego.
Podes ver a nota de prensa completa aquí.
Máis sobre o Agra dos Mallos no blog.






Total, para el caso que van hacer los que mandan... estos a buscar votos y los otros a repartirse la pasta en sus caprichos.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.