Mantemento dos mercados municipais
A Xunta de Goberno da o visto bo á contratación do servizo de conservación e mantemento dos mercados municipais cun presuposto de 331.296 euros e cun contrato de catro anos. O obxectivo é garantir un mantemento integral das seis instalacións municipais que constitúen os mercados de Eusebio da Guarda, Elviña, San Agustín, Ramón Cabanillas, Palavea e Monte Alto.Para iso, convocarase un concurso público e o adxudicatario encargarase do mantemento, a asistencia para reparacións e servizos de urxencia, implantación dun sistema de xestión informatizado do mantemento dos edificios e actualización de información técnica sobre estes.
Coruna.es






Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.