1/10/08

"Dinosauros 3D" para Blogueiros

Foto por El Mundo de Aramon

Os Museos Científicos Coruñeses organizaron onte un pase especial para blogueiros do documental "Dinosauros 3D" e o Blog Barrio dos Mallos foi un dos invitados.

Todo comezou a iso das 20h30 na Domus, cada un coas súas "gafas" ocupamos ó noso sitio na sala na que anteriormente proxectábanse películas en IMAX. O director dos Museos, Xosé A. Fraga, dedicou unhas palabras para comezar a sesión; entre outras cousas, agradeceunos a nosa presencia, pediunos que falaramos sobre o que veriamos esa noite nos nosos medios e presentounos ó responsable da empresa coruñesa (Enxebre) encargada de instalar o sistema 3D na Domus, Enrique Criado, quen levou adiante unha interesante presentación sobre a tecnoloxía 3D, o seu pasado, o seu futuro e unha sinxela explicación de como funciona.

Parece que estamos nun tempo no que o Cine 3D vai recuperar o protagonismo que tivo fai unhas décadas, en España estanse a crear, cada vez máis rápido, novas salas preparadas para esta tecnoloxía e que de momento a da Domus é a única de Galicia, de 22 que hai en toda España.

Despois da presentación, vimos unha pequena, sorprendente e divertida curtametraxe elaborada por Enxebre e logo veu a película, Xigantes da Patagonia, un interesante documental sobre os dinosauros que viviron na Patagonia Arxentina. Recoméndovos que vaiades a velo, estes son os horarios e prezos.

Unha vez rematada a proxección tocou sesión de preguntas, e despois, os blogueiros tivemos todo un luxo: tomar uns pinchos na Domus con vistas á bahía coruñesa. Mentres, os blogueiros coruñeses falaban entre si amigablemente, moitos dos cales coñecéndonos por primeira vez.

Outra iniciativa máis, outro punto máis que se anotan os museos científicos coruñeses, sempre buscando a forma de que a Ciencia chegue a todos.

Máis opinións doutros bloggers que asistiron:
Barrio de los Rosales
El Mundo de Aramon
LordMax Blog
La Torre de Hércules
Bibliomundo: Libros, economía y empresas
Apocalipse do porco

2 Comentarios:

Anónimo dijo...

¿Tomando unos pinchos? Va haber que hacerse bloguero!

NeKRoMaNT dijo...

Pues se ve que tenía la boca llena y las manos ocupadas con más comida, porque no me relacioné mucho, la verdad... xD

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO