¿Como era internet fai sete anos?
Busca as diferenzas entre estas búsquedas, 7 anos as separan: Os Mallos e Os Mallos.Nos últimos sete anos o barrio cambiou bastante nunhas zonas, en cambio outras, apenas se nota o paso dos anos. Non pasa o mesmo con internet, o que había hai sete anos pouco ten que ver coa actualidade, con maior razón se falamos do noso barrio, o barrio dos Mallos apenas tiña presenza na rede, tan só a través duns poucos artigos aparecidos na prensa local ou en portais de institucións oficiais.
O xigante Google pon a disposición de todos os internautas unha ferramenta que permite buscar calquera termo entre as web que existían a 1 de xaneiro de 2001. Moitos dos resultados dirixen páxinas que cambiaron ou que, sinxelamente, xa non existen. Mesmo tal e como recoñece a propia compañía, non se trata dunha réplica exacta de como era Internet fai agora sete anos, senón "unha aproximación, pero bastante boa".
O servizo estará dispoñible un mes.
http://www.elpais.es














No creo que realmente esto fuera así, pero bueno, como curiosidad no está mal.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.