20/10/08

Arranca a blogocampaña contra o porno infantil

A pornografía infantil na Rede é unha lacra imparable que ensucia as nosas vidas cada día. A presión policial con macrorredadas non é suficiente para deter as malas prácticas destes individuos, que actúan dende o anonimato que pode brindar a Rede golpeando as vidas de centos de nenos, mesmo bebés, en busca dun desexo sexual depravado e enfermizo. Por iso entre todos os internautas debemos poñer mans á obra e meter o máximo de ruído no ciberespacio.

O obxectivo desta blogocampaña, que arranca hoxe, é que o próximo 20 de novembro -- Día Universal do Neno -- centos de blogs escribamos un post en que apareza a frase Pornografía infantil NON para sementar os buscadores de Internet de severas críticas a esta vergoña humana e social. Desta forma conseguiremos que as ciberbúsquedas das palabras pornografía+infantil polo menos golpeen as conciencias de tanto saído mental. No post podedes colar termos de busca empregados polos pederastas e pedófilos como "angels", "lolitas" ou "preteens" para chegar onde queremos chegar.

Pásao. Se queres participar coloca este cartel no teu blog, difúndeo entre os teus coñecidos e escribe o 20 de novembro un post necesario para desinfectar algo a Rede de todos.

Unha iniciativa de La Huella Digital e Vagón-Bar

1 Comentario:

David dijo...

Lástima que me encontré tarde con esta blogo-campaña, me hubiese gustado colaborar, no sé si aún es tarde, pero por si acaso colocaré un un post en mi blog tal como indicáis. Espero que sirva de algo.

Saludos desde http://www.internetyweb.com y si surge alguna otra blogo-capaña similar estaría encantado de poder sumar mis esfuerzos.

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO