A historia do barrio según as parroquias, 2ª Parte
Hai uns meses falamos da historia do barrio a través da Parroquia de San Rosendo (ver artigo), unha parroquia que é a orixinaria de todo o barrio e que logo partiu en tres, a de San Rosendo, a de San Benito e a de San Luis Gonzaga, son estas dúas últimas das que falaremos a continuación.
Comezamos por San Benito a través deste artigo atopado na Hemeroteca La Voz de Galicia (ano 2005):
¿Que vinculación ten o nome do novo Papa coa cidade de A Coruña? Toda. Non obstante, a exclusiva tena Os Mallos, máis precisamente a súa parroquia, a de San Benito, construída por José Manuel Ardions, o actual párroco, e inaugurada por Antonio María Rouco Varela en 1986. Para volver atopar unha denominación similar hai que ir ata Sigrás, a unha capela, tamén co nome do santo.
A igrexa non se limita a mostrar na súa fachada o nome San Benito de Nursia e, por conseguinte, o de Benedicto XVI. Vai máis alá. Garda un dos seus maiores tesouros: unha reliquia do século VI, ósos do santo colocados nunha teca metálica. Chegaron a A Coruña enviados dende o Vaticano por Juan Pablo II. Para dar fe diso, Manuel Ardions exhibe a auténtica con data de xuño de 1992, a cabeceira reza: Domini Nostri Papae Generalis.
Varios motivos empurraron a Manuel a elixir o nome de Benito para a súa parroquia. En primeiro lugar por ser un dos santos «milagrosos». Á parte de «curar espullas e outras enfermidades», afirma o párroco, o seu nome «di moito». Benedicto XV, subido ao trono de San Pedro o 3 de setembro de 1914, foi un dos artífices da paz, un prudente reformista que deu as costas ao rigorismo antimodernista dos seus dous sucesores, Pío IX e Pío X.
San Benito, ademais, é un dos pais de occidente, un santo «protector» e moi querido polos galegos, engade Ardions, e ao que equivocadamente foille atribuída a sentenza Ora et labora aínda que é «posterior a el». A unión de Roma cos Mallos dáse tamén no conxunto escultórico de Francisco Escudero colocado no 2003 e que representa a Virxe, «con cara moi galega», di Manuel, entregando o rosario a San Benito. ¿Conseguirá Manuel outra reliquia de Benedicto XVI? De momento está a preparar cos fregueses unha viaxe a Terra Santa, para setembro.
Agora tócalle á parroquia de San Luis Gonzaga. O 25 de Xuño de 2002, o xornal La Voz de Galicia publicaba un artigo polo 25 aniversario desta parroquia (que por tanto, agora no 2008 debeu cumplir 31 anos):
A parroquia de San Luis Gonzaga, unha das institucións con máis soleira do barrio de Os Mallos, celebra hoxe o 25 aniversario da súa fundación. Nas instalacións da rúa San Rosendo, 13 oficiarase hoxe unha misa para conmemorar as vodas de prata da parroquia.
O acto, que se celebrará a partir das seis da tarde, estará presidido polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e contará coa presenza de diversas autoridades e representantes da Xunta, a Deputación Provincial de A Coruña e o Concello. A parroquia de San Luis Gonzaga atende a unha poboación duns quince mil habitantes do barrio de Os Mallos-Estación. Ademais do templo, as instalacións contan con servizos para a terceira idade, a infancia e a xuventude. Tamén dispoñen dunha biblioteca e dun salón de actos.
Para festexar as vodas de prata da súa fundación, a parroquia de Os Mallos editou un libro no que se recolle información sobre as actividades organizadas ao longo destes 25 anos de existencia. Nos locais parroquiais tamén se montou unha exposición con fotografías e textos da historia do templo.
Comezamos por San Benito a través deste artigo atopado na Hemeroteca La Voz de Galicia (ano 2005):
¿Que vinculación ten o nome do novo Papa coa cidade de A Coruña? Toda. Non obstante, a exclusiva tena Os Mallos, máis precisamente a súa parroquia, a de San Benito, construída por José Manuel Ardions, o actual párroco, e inaugurada por Antonio María Rouco Varela en 1986. Para volver atopar unha denominación similar hai que ir ata Sigrás, a unha capela, tamén co nome do santo. A igrexa non se limita a mostrar na súa fachada o nome San Benito de Nursia e, por conseguinte, o de Benedicto XVI. Vai máis alá. Garda un dos seus maiores tesouros: unha reliquia do século VI, ósos do santo colocados nunha teca metálica. Chegaron a A Coruña enviados dende o Vaticano por Juan Pablo II. Para dar fe diso, Manuel Ardions exhibe a auténtica con data de xuño de 1992, a cabeceira reza: Domini Nostri Papae Generalis.
Varios motivos empurraron a Manuel a elixir o nome de Benito para a súa parroquia. En primeiro lugar por ser un dos santos «milagrosos». Á parte de «curar espullas e outras enfermidades», afirma o párroco, o seu nome «di moito». Benedicto XV, subido ao trono de San Pedro o 3 de setembro de 1914, foi un dos artífices da paz, un prudente reformista que deu as costas ao rigorismo antimodernista dos seus dous sucesores, Pío IX e Pío X.
San Benito, ademais, é un dos pais de occidente, un santo «protector» e moi querido polos galegos, engade Ardions, e ao que equivocadamente foille atribuída a sentenza Ora et labora aínda que é «posterior a el». A unión de Roma cos Mallos dáse tamén no conxunto escultórico de Francisco Escudero colocado no 2003 e que representa a Virxe, «con cara moi galega», di Manuel, entregando o rosario a San Benito. ¿Conseguirá Manuel outra reliquia de Benedicto XVI? De momento está a preparar cos fregueses unha viaxe a Terra Santa, para setembro.
Agora tócalle á parroquia de San Luis Gonzaga. O 25 de Xuño de 2002, o xornal La Voz de Galicia publicaba un artigo polo 25 aniversario desta parroquia (que por tanto, agora no 2008 debeu cumplir 31 anos):
A parroquia de San Luis Gonzaga, unha das institucións con máis soleira do barrio de Os Mallos, celebra hoxe o 25 aniversario da súa fundación. Nas instalacións da rúa San Rosendo, 13 oficiarase hoxe unha misa para conmemorar as vodas de prata da parroquia. O acto, que se celebrará a partir das seis da tarde, estará presidido polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e contará coa presenza de diversas autoridades e representantes da Xunta, a Deputación Provincial de A Coruña e o Concello. A parroquia de San Luis Gonzaga atende a unha poboación duns quince mil habitantes do barrio de Os Mallos-Estación. Ademais do templo, as instalacións contan con servizos para a terceira idade, a infancia e a xuventude. Tamén dispoñen dunha biblioteca e dun salón de actos.
Para festexar as vodas de prata da súa fundación, a parroquia de Os Mallos editou un libro no que se recolle información sobre as actividades organizadas ao longo destes 25 anos de existencia. Nos locais parroquiais tamén se montou unha exposición con fotografías e textos da historia do templo.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.