En perigo a praza de San Cristóbal?
Fonte:
El Ideal Gallego, según a web: http://www.todotrenes.com
A futura estación intermodal emprendeu a súa viaxe cara a San Cristóbal. O traxecto para unir o transporte terrestre baixo un mesmo teito obrigará a pasar varios apeadeiros, a traspasar diferentes cribas e formular distintos proxectos para realizar as obras. E chegan as hipóteses. Algunhas voces falan da posibilidade, aínda en fase de estudo, de trasladar o actual edificio ferroviario cara á praza de San Cristóbal. É dicir, eliminar a zona de esparcemento para situar, no seu lugar, un moderno centro intermodal con comercios e zonas de ocio. Por extensión, o tráfico que circula pola rolda de Outeiro, uns 50.000 vehículos cada día, tamén se pode ver afectado polo avance de San Cristóbal.A estación intermodal chegará a San Cristóbal, o seu destino, despois dunha longa viaxe de obras que, quizais, altere o aspecto do seu ámbito. Ata que comecen os traballos para aglutinar baixo un mesmo teito o transporte terrestre, quedan tres anos para formular as solucións máis acertadas para que a comunicación por tren, autobús e metro lixeiro non estea disputada cos espazos abertos e os centros de ocio e comercio.
De feito, estase a barallar a posibilidade de mover o actual edificio. Entre as alternativas que Renfe puxo sobre a mesa figura a de trasladar a estación cara á praza de San Cristóbal. É dicir, desprazar o actual inmoble cara á rolda de Outeiro para gañar máis metros cadrados, un cambio que pode poñer en perigo a zona de esparcemento e as prazas de aparcamento do parking.
O movemento do edificio pode levar por diante o espazo axardinado que fai de pulmón verde para toda a zona dos Mallos e Sagrada Familia, ademais da oferta prazas subterráneas da zona.
Alternativa
Esta alternativa tamén pode afectar ao tráfico. Todo apunta a que os preto de 50.000 coches que cada día circulan pola rolda de Outeiro se verán obrigados a cambiar de marcha, polo menos, durante os meses que duren as obras da futura estación intermodal.
Non obstante, a chegada do centro intermodal non vai alterar a arquitectura da estación. A intención é conservar o actual edificio e, como moito, completalo con instalacións alternativas.














Sí, claro, solo faltaba que nos quitasen la plaza. Eso es del todo inadmisible.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.