25/06/08

Unha octoxenaria resulta atropelada na Ronda de Outeiro

Unha muller de 83 anos resultou ferida na mañá do Martes pasado ao ser atropelada na Ronda de Outeiro á altura do número 180, cando cruzaba a calzada por un paso regulado por semáforos que nese momento atopábase en vermello. A anciá foi trasladada ao hospital e o seu prognóstico é reservado. (La Voz de Galicia)

É algo que tiña que ocorrer, é habitual ver polo barrio situacións de risco innecesarias que teñen lugar pola imprudencia das persoas. Moit@s viandantes móntanlles espectaculares broncas aos vehículos cando estes non paran nun paso de peóns ou se "saltan" un semáforo en ámbar, en cambio, estes mismos que abroncan aos demais, cruzan máis tarde polo medio da calzada ou por un semáforo en vermello. O peor de todo é cando ves unha persoa maior, nalgúns casos con dificultades para moverse (incluso ás veces con bastón), cruzar un semáforo en vermello (incluidos os das Rondas e Avenidas do barrio) ou cruzando polo medio da calzada pasando entre os coches.

Seguro que todos coñecemos a alguén que de cando en vez fai algo así, polo que non estaría de máis que entre todos concienciaramos a estas persoas para que non se poñan en perigo innecesariamente.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO