O parking que conseguiron os veciños
19 de maio de 2006 Hemeroteca La Voz de Galicia:
A Asociación de Veciños e Comerciantes Paternidad Área Sagrada Familia iniciaba unha campaña de recolleita de firmas para solicitar a construción dun aparcamento soterrado no barrio. Unha vez finalizada a campaña, a asociación de veciños presentaba as rúbricas no Concello para certificar o interese do barrio nesta infraestructura. Os carteis da campaña distribuíronse polo barrio e neles preguntábase aos veciños se estarían interesados en adquirir unha praza de aparcamento nunha futura instalación. O aparcamento soterrado foi presentado como unha «verdadeira necesidade para o barrio» xa que a maioría das casas son antigas e carecen de garaxe, e nas rúas non hai suficiente sitio para estacionar os coches.
09 de setembro de 2006
Hemeroteca La Voz de Galicia:
O alcalde Javier Losada manifestou o seu apoio á proposta dos veciños e comerciantes da Sagrada Familia, cando entregaron no rexistro municipal 212 firmas solicitando a construción dun aparcamento soterrado na zona. O rexidor coruñés mostraba o seu compromiso de estudar a petición de habilitar unha zona de estacionamento na praza da Sagrada Familia, xa que resolvería os problemas de aparcamento e, ao mesmo tempo, permitiría recuperar a praza. Coa condición de que houbese consenso e respaldo suficiente, a obra levaríase a cabo dentro do plan de rexeneración do barrio, que supoñería a posta en marcha, nos seguintes anos, dun programa de rehabilitación de vivendas en colaboración coa Xunta e a administración central.
23 de Maio de 2008
Diario Qué!:
Finalmente, o aparcamento será construído e as obras comezarán en Setembro. A Asociación de Veciños e Comerciantes "La Paternidad-Sagrada Familia" manexa agora preto de 300 solicitudes, 100 máis das que caben no parking proxectado.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.