26/06/08

"Frances Lerouge"

Dende Os Mallos chega "Frances Lerouge".

O proxecto de Frances Lerouge é o traballo multiconceptual inspirado nos sentimentos, sensacións e pensamentos vividos no día a día, feitos electrónica. Baseado nas melodías do trance e os sons minimal, o electro, o techno e o progg poden ser perfectos para tranpostar un bó tema.

Como membro do colectivo República Sonora podémolo escoitar na súa residencia mensual na Sala Fox (A Coruña) ou nalgunha festa organizada dende A Casa da Leiteira, un grupo de artistas multidisciplinares arrexuntados dende Paiosaco, Arteixo e arredores que buscan a expresión conxunta das súas inquietudes culturais.

Xunto con outros artistas intenta a través do selo Rawmatroid www.rawmatroid.com difundir os traballos de productores non profesionais baixo a distribución libre e gratuíta da súa música.

Podes escoitar os seus sets, produccións, actuacións e máis sobre todo ísto en www.franceslerouge.com


*Se tes un grupo de música e queres saír no blog, fai click aquí.
Tamén podes botar unha ollada a todos os grupos de música presentes neste blog facendo click
aquí.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO