19/03/08

Ramón Cabanillas necesita un arranxo

Unha veciña da rúa Ramón Cabanillas escribe unha carta ao Concello no Xornal Distrito Mallos, expresa a súa indignación polo continuo deterioro desta rúa.

Excelentísimo Concello da Coruña:

Diríxome a vostedes aproveitando o tirón electoral, para pedir por vixésima vez (creo) a mellora da nosa rúa, que parece a irmá pobre do barrio dos Mallos. Refírome a Ramón Cabanillas; estamos un pouco fartos de que se nos diga, ano tras ano, que as beirarrúas e a iluminación tomaranse en conta para estas, outras e outras e outras... eleccións, ditas melloras, pero agora xa me parece unha tomadura de pelo tanta promesa incumplida.

Será que Ramón Cabanillas non paga impostos? Será que Ramón Cabanillas non interesa ao Concello polos seus múltiples comercios? Creo que realmente a nosa rúa non se merece este desprezo: por iso pido a vostedes tomen en conta xa! a miña petición, que creo pode ampliarse a todos os nosos veciños.

Sen outro particular, atentamente, unha contribuínte e comerciante indignada.

M.D. Veleiro

1 Comentario:

Sandra dijo...

Soy vecina de esta calle, vivo encima del chino y me uno a esta queja!!! Parece que el Ayuntamiento le tiene alergia a nuestra calle porque por aquí no pasan.

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO