14/03/08

Os coruñeses lideran a recollida de pilas en España

A Asociación Española de recollida de pilas, acumuladores e móbiles (AERPAM) premiou a política medioambiental do Concello da Coruña destinada á reciclaxe deste tipo de residuos e impulsada pola Concellería de Medio Ambiente. Así, a cidade recibirá a distinción no próximo Congreso Nacional de Medio Ambiente que se celebrará en Madrid en decembro.

Os datos sinalan que durante o ano 2007 na Coruña recolléronse 24.903 quilos de pilas, dos cales 6.912 (27,75 %) recolléronse en supermercados, 3.198 (12,8%) en grandes superficies comerciais, 2.505 (10%) nos contenedores que se atopan ubicados nos diferentes barrios, incluido ó noso, (rúa Ramón e Cajal, rúa Barcelona, Praza Pontevedra, rúa Angel Senra, rúa Alcalde Suárez Ferrín e Campus de Elviña) e o resto, 12.288 Kg. (49,41%) en máis de mil pequenos establecementos comerciais, oficinas, colexios, e organismos públicos repartidos por toda a cidade.

A nosa cidade está un 13,21 % por encima dos obxectivos europeos e do Ministerio de Medio Ambiente, que establece para o ano 2012 un 25% de recuperación. En próximas datas, comezará unha nova iniciativa para mellorar a recollida de pilas.

Concello da Coruña.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO