Pelexas, atracos, estafas... aquí pasa de todo
Loita por unha moza.
Axentes da policía identificaron sobre as oito e media da tarde do martes a varios mozos que estaban a pelexar na rúa Ramón Menéndez Pidal. Tras proceder á súa identificación, os axentes preguntáronlles sobre os motivos da pelexa, ao que os mozos contestaron que pelexaban por unha moza.
Le a noticia completa no xornal:
La Voz de Galicia
Atraco nunha peluquería.
Unha peluquería da rúa San Vicente, Noly Sieira, sufriu un atraco de madrugada. Os asaltantes rebentaron cunha pedra de grandes dimensións a lúa dunha porta lateral do establecemento e apropiáronse da caixa rexistradora, provocando varias desfeitas materiais no interior. A xerente da peluquería asegurou que é, polo menos, a terceira vez que o seu negocio sofre este tipo de incidentes e que é algo frecuente na zona.
Le a noticia completa no xornal:
La Voz de Galicia
Condena por atropelo.
Un condutor que deu positivo nas probas de alcoholemia e que atropelou a un peón sordomudo que cruzaba a estrada de forma incorrecta foi condenado ao pago dunha multa de 360 euros como autor dunha falta leve con resultado de morte. Tanto a Fiscalía como o letrado da familia do falecido mostráronse de acordo pola pena, que o acusado tamén aceptou, polo que non foi necesaria a celebración do xuízo. O accidente tivo lugar o 9 de setembro de 2004 na ronda de Outeiro, á altura da rúa Francisco Catoira.
Le a noticia completa no xornal:
La Opinión
Venta de Rifas falsas.
A Policía Autonómica requisou máis de 13.000 cupóns na oficina da Organización Impulsora dos Discapacitados (O.I.D.) que se atopa na zona de Ramón Menéndez Pidal. Os boletos ían venderse sen a necesaria homologación, segundo indicaron desde a Consellería de Presidencia, Xustiza e Administracións Públicas. O importe total dos billetes ascende a máis de 16.000 euros.

Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.