12/02/08

A pasarela peonil, unha gran barreira para moitos

Pouco a pouco, e aínda que moitas veces vaise lento demais, estanse a suprimir as barreiras arquitéctonicas por toda a cidade, cada vez quedan menos lugares (aínda que son moitísimos aínda) nos que existe dificultade para ir dunha beirarrúa a outra para as persoas con problemas de mobilidade.

Pois ben, no barrio temos unha grande e importante barreira, a pasarela peonil verde que cruza a Ronda de Outeiro á altura da rúa "Nuestra Señora de la Luz". Son moitos os viandantes que non a usan e prefiren arriscarse a cruzar polo medio da Ronda, pero é que os que máis deberían usala non poden. Os minusválidos en silla de rodas o teñen totalmente imposible, non poden subir as escaleiras de acceso que ten nun dos lados. Pero non só os minusválidos en silla de rodas son os perxudicados, un carriño de bebé tería as súas difilcutades para subir por aquí, habería que cargar con el. As persoas con muletas ou bastóns e anciáns con dificultades, non a usarán pola cantidade de escaleiras que hai que subir para usala.

A alternativa? Subir ata o semáforo que hai no cruce con San Isidoro ou baixar cara "Nuestra Señora de Fátima". Por que non adaptar esta pasarela peonil para que sexa realmente útil e poida ser utilizada por todas as persoas, incluidas aquelas con problemas de mobilidade?

1 Comentario:

Anónimo dijo...

La verdad es que es raro ver a alguien usar el puente. Todos cruzan por el medio.

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO