Moitos dos pasos de peóns están incompletos
Por que obligar ós peóns a dar voltas para poder cruzar unha beirarrúa en lugar de pintar os pasos por onde se cruza normalmente?É necesario o pintado de moitos pasos de peóns, hai varios cruces nos que non existen, e tamén faría falta o repintado de moitos dos existentes en mal estado ao longo do barrio. E ademais, porque esa manía de deixar unha das partes dun cruce sen paso de peóns? O resultado sempre é o mesmo, os peóns cruzarán igual por ahí pero con maior risco, xa que os coches non terán sinal de que paren.
O noso veciño do Ventorrillo, Manuel, envíanos a foto dun deles, está situado na esquina da rúa Tornos con Antonio Carballo e coa rúa Sagrada Familia. Veredes que se os coches que veñen por Antonio Carballo viran á esquerda pola rúa Tornos, pódense atopar con peóns. Vale que hai paso pola outra parte da rúa pero a realidade é, que todos atallamos sempre polo lugar máis curto ó noso camiño.
Pero este non é o único lugar onde ocorre, no barrio hai moitísimos exemplos de cruces onde unha das partes non está pintada a pesar de ser utilizada por todos os viandantes que por alí pasan. Estes exemplos poderían ser os seguintes:
Na Sagrada Familia:
Os cruces da rúa de San Jaime coa Sagrada Familia, coa rúa Pontedeume e con Dolores Rodríguez Sopeña.
Os cruces da rúa de "Nuestra Señora de Fátima" coa rúa Pontedeume, coa Sagrada Familia e con Sargento Provisional.
Os cruces da rúa de "Nuestra Señora de la Luz" coa Sagrada Familia e con Sargento Provisional.
Os cruces da rúa de San Isidoro con González del Villar e con San Lucas.
Os cruces da rúa de Cardenal Cisneros con Pontedeume e a Sagrada Familia.
O cruce da rúa Maravillas con San Leandro.
Nos Mallos-Angel Senra:
Os cruces da rúa Vizcaya con Falperra, con Asturias, con Santander e coa da Paz.
Os cruces da rúa de Noya con San Vicente e con Sofía Casanova.
O cruce da rúa Eusebio da Guarda con Oidor Gregorio Tovar.
O cruce da rúa Ramón Cabanillas coa Avenida dos Mallos e con Sofía Casanova.
O cruce de Antonio Viñes coa rúa Asturias son ten dous pasos de peóns dun total de catro posibles.
Nos Mallos-Sardiñeira:
Os cruces da Avenida dos Mallos con Diego Delicado e con Francisco Tettamancy.
Os cruces da rúa San Vicente con Diego Delicado, con San Rosendo, coa rúa Europa.
O cruce da rúa Europa coa rúa Filipinas.
O cruce de Francisco Catoira con Mariana Pineda.
Tal e como nos di Manuel, "un paso de peatones no cuesta nada pintarlo". E aínda que sexan uns cantos máis, non cremos que sexa demasiado gasto cando se podería dar maior seguridade ós viandantes cando cruzan.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.