9/01/08

Vota sobre A Coruña ou La Coruña

*Enquisa pechada a 13 de Xaneiro de 2009, un ano despois de iniciala.

Levamos varios días de polémica na cidade por mor do topónimo, que si uns o queren en galego, outros en castelán... en fin, a polémica que nunca rematará.

Os políticos seguen a actuar, uns dunha maneira e outros coa súa, e coma sempre, encontrando respaldo ou enfrontamento nos veciños da cidade.

Desta vez, as asociacións veciñais tamén toman parte na polémica e comezan a amosar con forza as súas posicións, que por suposto, non teñen por que coincidir coas ideas dos veciños ós que representan.

Dende o Blog Barrio dos Mallos queremos sumarnos a todos aqueles que están a facilitar un lugar de debate na rede sobre o tema e poñemos a vosa disposición a seguinte enquisa. Podedes votar a vosa opinión sobre o topónimo. (Como todo post neste blog, tamén podedes deixar comentario).


2 Comentarios:

Anónimo dijo...

Manda carallo, que coa de cousas imprescindibles que hai pendentes de solución para que cada coruñés poida facer a súa vida normal e sen sobresaltos, os políticos sigan a pelexar con isto, paréceme vergonzoso!!!

¿Existen os referendums para pedir que se vaian todos os políticos de golpe e que veñan outros? Con un pouco de sorte, aparece algún que é bó!

Lucho

Anónimo dijo...

Afondando aínda un chisco máis no que di Lucho: xa postos, mellor facermos referendos por todo aquilo que provoca opinións dispares.
Se hai quen quere facer un referendo porque non lle gusta o que di unha lei, logo fagamos tamén para que nos quiten os impostos, as multas, a ORA...
Eu, por min, non querería cumprir ningunha lei. De feito, ogallá non tivese que existir Lei ningunha.

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO