O Tenente de Alcalde responde ós veciños
Con respecto as queixas plantexadas neste blog sobre as molestias que sufren veciños do barrio por mor dun ruido insoportable (ver artigo), recibimos a resposta emitida por Henrique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello, e que reproducimos aquí:"Estimados veciños e veciñas:
Tomo nota da reclamación que vostés me envían, e mañán mesmo transmitirei este asunto a quen compete para ver da posibilidade de solucionar o problema que lles afecta.
Un cordial saúdo"
Esperemos que entre todos poidan buscar unha solución. Lembremos que se trata dun problema que xa foi levado ó pleno (ver artigo), agora tócalle ós que mandan facer algo o respecto.






Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.