17/01/08

O Distrito Mallos responde..

Que pasa coa praza da Estación? Cada vez ten menos luz, unha praza que cunha luz ben posta estaría preciosa, parece un escampado, dá medo cruzala, pois ademais como ten tan pouca luz, sempre hai cuadrillas facendo o bruto.
Ten toda a razón, é unha praza bonita, moi frecuentada polos veciños, e en moitísimas ocasións protestamos, polos mozos que patinan en monopatín, e son un perigo, o da luz cada día é peor, temos que seguir protestando pois así aínda que tarde, fannos caso.

Na prensa diaria vin que van terminar a rúa peonil de Angel Senra; en moitos sitios da cidade ao facer unha obra, dalgunha forma consultan cos veciños. Por que neste barrio nunca se conta connosco? A Asociación de Vecinos nin sequera pasa recibos, quen temos dereito a ser consultados?
Eu pódolle dicir que a asociación de comerciantes ten máis de 200 asociados e que desde logo cando acudimos ao Concello sempre nos escoitan, e moitas veces ata nos fan algún caso, coa nosa páxina Web e o noso xornal e o magnífico Blog dos Mallos, creo que o que queira dar a súa opinión pódeo facer.

**Nova sección no Xornal do Distrito Mallos, as preguntas que realices serán respondidas cada mes no Xornal do Distrito Mallos; despois, no Blog Barrio dos Mallos as recolleremos para publicalas aquí no blog. Se queres dirixirte á Asociación de Comerciantes dos Mallos para facerlles algunha pregunta, aquí tes os datos:

Con toda liberdade escribide a:
Teléfono : 981 238 164
Fax : 981 168153
E mail: parkingmallos@yahoo.es
Correo postal: Distrito Mallos
Ronda de Outeiro (esquina Mallos)
Subterráneo 15007 A Coruña

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO