04/01/08

O 50 Aniversario do Barrio da Sagrada Familia

O Barrio da Sagrada Familia cumpre 50 anos e o Xornal "La Voz de Galicia" dedícalle unha ampla reportaxe. Aquí reproducimos algunhas das cousas que nos contan:

"O barrio da Sagrada Familia, unha iniciativa benéfica que serviu para construír ao redor de 300 vivendas a principios dos sesenta, afronta camiño do seu cincuenta aniversario a súa primeira gran reconversión. Máis de seis millóns de euros achegados polo goberno local, a Xunta e o Ministerio de Vivenda servirán para mellorar a calidade de vida dunha zona que exemplifica o desenrolo urbanístico da metade do século XX e que ofrecía ata fai poucos anos unha escasa habitabilidade aos seus veciños".

"Os traballos proxectados servirán para eliminar as barreiras arquitectónicas, fomentar o uso residencial e tamén promocionar a eficiencia enerxética dos edificios recuperados".

"Un dos grandes problemas do barrio da Sagrada Familia é o espazo para aparcar. As súas rúas estreitas e os constantes cruces converten o estacionamento nunha auténtica lotería, que reduce ademais a rotación dos vehículos no barrio e, polo tanto, afecta tamén aos comerciantes. Por todo iso, as asociacións agrupáronse para solicitar ao alcalde, Javier Losada, a construción dun aparcadoiro subterráneo na zona da praza da Sagrada Familia, o único espazo aberto de todo o barrio, e que se atopa en fase de estudo".

"La Sagrada -como popularmente se coñece ao barrio- xa non é o que era. Na década dos oitenta, a súa soa mención evocaba todo tipo de bufidos e sospeitas negativas. As súas rúas eran feudo de diversas clases de maleantes e un problema común cercenaba as ilusións e a alegría de moitas das familias obreiras que chegaron ao barrio vinte anos atrás en busca dunha mellora económica. Ese problema era o da droga, basicamente a heroína, que corría por milleiros, segando a vida de varias decenas de mozos. Esta situación tinguiu de loito o barrio, ata entón unha gran familia, e provocou unha nova reconversión interior".

"Entre as súas paredes hai toda clase de oenegués. Por exemplo, Renacer, que dirixe José Pernas e que dá exemplo coas súas política de axuda aos máis desfavorecidos da sociedade. O Equus Zebra que pugna pola integración da cada vez máis crecente comunidade de inmigrantes. Porque o barrio tamén se converteu en punto de acollida. A súa vetusta estrutura xera prezos baixos de aluguer e propicia a chegada de moitos estranxeiros".

"Na praza da Sagrada Familia está un dos templos sagrados do deporte da Chave na cidade. «Aquí só xogan os bos, é como Maracaná», di un veciño que transita polas inmediacións dunha pista que demanda unha man de pintura."

Para ler os artigos completos, fai click en:
La Voz de Galicia 1
La Voz de Galicia 2
La Voz de Galicia 3

2 Comentarios:

Anónimo dijo...

Como eses arranxos sexan coma os do amago de arreglá-la pista da sAgrada Familia antes das eleccións e despoís nada de nada, imos de cú.

casas dijo...

Poes moitas felicidades

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO