09/01/08

Ecos do Sur busca voluntarios

A ONG presente na rúa Angel Senra busca voluntari@s para o Programa de Control e Prevención de Enfermidades Transmisibles. Este é o chamamento que fan dende o seu blog:

O Programa de Control e Prevención de Enfermidades Transmisibles para o colectivo inmigrante, en colaboración coa Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia, leva once anos dando información sanitaria, sensibilizando e acompañando pacientes, tanto para acudir a citas sanitarias, como para xestións administrativas e garantindo un seguimento aos usuarios en tratamento.

Desde o principio a maior atención do persoal do Programa dirixiuse ao control e prevención da tuberculose, desde o ano 1996 facilitamos a realización da proba de Mantoux, citación, acompañamento e seguimento na Unidade de Tuberculose do Hospital Abente e Lago de Coruña. Desde o 2005 a actividade do Programa ampliouse a captación e acompañamento á Unidade de Medicamento Interno B do Juan Canalejo no Programa especifico dirixido a control e prevención de VIH-SIDA.

Os nosos obxectivos son :
- ampliar a difusión da información preventiva (trípticos e carteis informativos, charlas sobre inmigración e saúde, prevención);
- incrementar a captación de enfermos tuberculosos nos diferentes centros de asesoramento que a nosa organización dispón para estes colectivos.

@s voluntari@s colaborarían co Coordinador do Programa e o persoal técnico da ONGD para a realización da proba de Mantoux, que ten lugar na sede da nosa organización, unha vez por semana e para medir o seu resultado; normalmente a proba realízase os luns pola tarde debido a que hai que mirar o resultado da proba, como máximo, logo de tres días, normalmente os xoves pola tarde.

De todos os xeitos, segundo a dispoñibilidade do persoal voluntario cabe a posibilidade de realizar a proba noutros días ou realizala máis veces por semana, podendo así ofrecer máis oportunidade aos nosos usuarios para ampliar o noso servizo e mellorar a súa calidade.

Buscamos persoas que traballan no campo sanitario (enfermer@s, matronas, medic@s) con experiencia, que poidan realizar a proba, e medir o resultado da mesma, interesadas en colaborar connosco ; cabe destacar a importancia da colaboración con persoal sanitario que poida aclarar calquera dúbida que o usuario/paciente poida ter. Cremos que unha experiencia deste tipo poida ser unha ocasión única para un crecemento persoal e profesional debido á posibilidade de entrar en contacto con outras culturas.

As persoas interesadas puden contactar connosco por télefono 981150118 ou enviar un mail á dirección de correo electronico:
ong@ecosdosur.org

http://ecosdosur.blogspot.com/

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO