18/01/08

Buses Urbanos no Barrio

Intentaremos dar un pouco de información sobre o paso dos buses urbanos da Coruña polo barrio da Sagrada Familia, Os Mallos, Estación. Aínda que para maior información, non deixedes de visitar á web de BusUrbano.tk e á oficial da Compañía de Tranvías.

Liña 5: (frecuencia aproximada de 15/20 minutos)

- No sentido "A Cabana - Adormideras", pódese coller en General Rubin, na glorieta da Estación de Tren, en Capitán Juan Varela e Praza de Monforte. Destinos principais: Catro Camiños, Os Cantóns, Puerta Real, Hospital Militar (Abente y Lago), Xardín San Carlos, Rectorado-Maestranza, Atocha, Orillamar e Cementerio de San Amaro.

- No sentido "Adormideras - A Cabana", pódese coller na Praza de Madrid, na Estación de Tren e General Rubin. Destinos principais: Lonzas e Birloque.

Liña 6: (frecuencia aproximada de 10/15 minutos)

- No sentido "Nostián - Mercado Av. Hércules", pódese coller na Avenida de Finisterre. Destinos principais: Praza de Pontevedra, San Andrés, Panaderas, Praza de España, Orillamar, Cementerio San Amaro e As Lagoas.

- No sentido "Hércules - Nostián", pódese coller na Avenida de Finisterre. Destinos principais: Ambulatorio do Ventorrillo, Polígono da Grela, A Silva, A Moura, Refinería.

(A Liña 6A fai un recorrido parecido, ver aquí. Na nosa zona é idéntica ca Liña 6.)

Liña 11: (frecuencia aproximada de 13/15 minutos)

- No sentido "Sardiñeira - Mercado R/Hércules", pódese coller na Avenida da Sardiñeira, Ronda de Outeiro (Zona Os Mallos), Avenida de Arteixo (Mercado Ramon Cabanillas) e Ronda de Nelle (Instituto Caixa Galicia). Destinos principais: Praza de Vigo, Praza de Galicia, Mercado da Praza de Lugo (está próxima), Praza de Pontevedra, San Andrés, Panaderas, Praza de España, Orillamar, Cementerio San Amaro, Curros Enriquez, Paseo Marítimo-Hotel Meliá María Pita, Domus, Paseo Marítimo-Próximo ó Aquarium.

- No sentido "Mercado R/Hércules - Sardiñeira", pódese coller na Avenida dos Mallos e na Avenida de Arteixo (Vioño). Destino principal: Polígono da Grela.

Liña 12: (frecuencia aproximada de 30 minutos)

- No sentido "Los Rosales - Hospital Juan Canalejo", pódese coller na Ronda de Nelle, entre a Avenida de Finisterre e a igrexa de San Pedro de Mezonzo. Destinos principais: Catro Camiños, Estación de Autobuses, Monelos, Castrillón, Os Castros.

- No sentido "Hospital Juan Canalejo - Los Rosales", pódese coller na Ronda de Nelle, entre a Avenida de Finisterre e a igrexa de San Pedro de Mezonzo. Destinos principais: Agra, Paseo de los Puentes, Ciudad Jardin, Ciudad Escolar (Conservatorio, Escola Oficial Idiomas, UNED), Campus Universitario Riazor, Los Rosales.

Liña 12A: (frecuencia aproximada de 30 minutos)

- No sentido "Los Rosales - Hospital Juan Canalejo", pódese coller na Ronda de Outeiro e na Estación de Tren. Destinos principais: Lonzas, 2ª Fase Elviña, Birloque, Matogrande, Barrio de las Flores, Castrillón, Os Castros.

- No sentido "Hospital Juan Canalejo - Los Rosales", pódese coller na Estacion de Tren e Ronda de Outeiro. Destinos principais: Agra, Ventorrillo, R/Barcelona, San Pedro de Visma, Ciudad Escolar (Conservatorio, Escola Oficial Idiomas, UNED), Campus Universitario Riazor, Los Rosales.

Liña 14: (frecuencia aproximada de 15/20 minutos)

- No sentido "Los Rosales - Casa del Mar", pódese coller na Ronda de Outeiro e na Estación de Tren. Destinos principais: Ministerios (Viaducto Ronda de Outeiro), A Cubela, General Sanjurjo, Os Castros e Avenida del Ejército.

- No sentido "Casa del Mar - Los Rosales", pódese coller na Estacion de Tren e Ronda de Outeiro. Despois da Casa del Mar e antes de chegar o barrio, pasa pola Estación de Autobuses. Destinos principais: Agra, Ventorrillo, R/Barcelona, San Pedro de Visma, Ciudad Escolar (Conservatorio, Escola Oficial Idiomas, UNED), Campus Universitario Riazor, Los Rosales.

Liña 20: (frecuencia aproximada de 20/25 minutos)

- "Praza de Pontevedra - Praza de Pontevedra", pódese coller na Estación de Tren, Ronda de Outeiro e na Avenida de Finisterre. Destinos principais: Avenida de Finisterre, Santa Margarita, Paseo de los Puentes, Praza de Pontevedra, Juan Florez, Igrexa San Pedro de Mezonzo, Catro Camiños, General Sanjurjo, Os Castros, Hospital Juan Canalejo, Hospital Materno Infantil, Puente del Pasaje, Alcampo, Santa Gema, Avda. Alfonso Molina, Matogrande-Carrefour-Coliseum, Birloque, Elviña.

Liña 22: (frecuencia aproximada de 20/25 minutos)

- "Praza de Pontevedra - Praza de Pontevedra", pódese coller na Avenida de Finisterre, Ronda de Outeiro e Estación de Tren. Destinos principais: Pajaritas, 2ªFase Elviña, Birloque, Matogrande-Carrefour-Coliseum, Avda. Alfonso Molina, Palavea, Alcampo, Santa Gema, Puente del Pasaje, Hospital Materno Infantil, Hospital Juan Canalejo, Os Castros, General Sanjurjo, Juan Florez, Federico Tapia, Praza de Vigo, Praza de Galicia.

Servicio Nocturno: (Frecuencia aproximada de 60 minutos, Fins de Semana e Festivos).

Ten paradas na Ronda de Outeiro dende a Avenida de Finisterre ata a Estación de Tren. Chega dende o Obelisco, Orzán, Paseo Marítimo Riazor, Labañou e Ronda de Outeiro. Pódese ir cara 2ª Fase Elviña, Birloque, Mesoiro, Barrio das Flores, Castrillón, Os Castros, General Sanjurjo e Linares Rivas.

E outras Liñas próximas:

Especial Universidade (frecuencia aproximada de 5/10 minutos). Pasa por Avenida Alfonso Molina en ambos sentidos e conecta a praza de Pontevedra cos campus universitarios de Elviña e a Zapateira.

Liña 24 (frecuencia aproximada en días laborables de 30 minutos, fin de semana de 60 minutos). Pasa por Avenida Alfonso Molina, conecta a praza de Pontevedra coa Zapateira.

Bus Aeroporto (frecuencia aproximada en días laborables de 30 minutos, fin de semana de 60 minutos). Pasa por Avenida Alfonso Molina (en ámbolos dous sentidos), conecta Puerta Real co aeroporto de Alvedro.

**Se queres ir a algún lugar que non aparece aquí, podes consultar a web do concello para o cálculo de rutas nos buses urbanos.

Rematamos dicindo igual que facíamos aquí: Hai unha pésima conexión co Hospital Militar (Abente y Lago), só a Liña 5 pasa por el e para os veciños da Sagrada Familia, esta liña queda bastante lonxe. Outra cousa, do mesmo xeito que ocorre noutros barrios máis pequenos e de menos poboación, pedimos que unha liña de bus urbano atravese a Sagrada Familia, tal e como fan os autobuses escolares.

**Calquera erro que haxa ou dato que queras engadir, escribe a barriodosmallos@gmail.com

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO