18/12/07

Sal branca e auga de cor marrón

Onte houbo polo barrio un par de cousas fora de común para as que moitos aínda buscan resposta.

Unha delas foi a aparición da praza de Padre Rubinos cunha cor branco, ¿por que esta cor? Pois porque os bombeiros acudiron á zona para botar sal. Resulta que nas primeiras horas da mañá de onte, foi unha zona de especial perigo pola mixtura da xiada que caía e a auga utilizada para limpar as rúas que chegou a converterse en xeo, convertindo a praza nunha pista de patinaxe que provocou que dúas persoas sufrirán feridas de carácter leve ó resbalar e caer ó chan. A Policía Local acordou a zona.

El Ideal Gallego.

Outro suceso foi o cambio de cor da auga que saía polo grifos dalgunhas zonas do barrio, entre elas a de San Luis, San Cristóbal, etc.. Parece que a espectacular rotura de tubería que tivo lugar en Elviña, pola zona do Hotel Avenida, e que converteu rúas en ríos, tamén se notou nos Mallos. Según nos informan, esta noite pasada a auga saía polos grifos de cor marrón oscura, e hoxe pola mañá, ata ben entrada a mañá, non saíu de todo clara.

Máis sobre a noticia da tubería:
El Ideal Gallego.

2 Comentarios:

Martín dijo...

Echarían sal para derretir el hielo, pero luego se seguía resbalando, no con el hielo, sino con la sal. Lleva ahí dos días, y deberían limpiarla, porque casi es peor el remedio que la enfermedad.

Blog Barrio dos Mallos dijo...

Certo, unha vez eliminado o problema do xeo, deberían quitala sal.

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO